Todos os domingos na Sala Kominsky poderás disfrutar dunha xornada de improvisación distinta que non te deixará indiferente.
JAM ESCUCHA LECHUZA
Jam de improvisación musical libre. Abren a Jam: Miguel Fraile e Rubén Fernández.
Invitada especial pra abrir este domingo: Carlos Tomico.
Trala apertura o escenario abrirase á libre participación das persoas asistentes.
JAM VOCAL
Jam de improvisación libre con voces. Tres micros no escenario, e liberdade total…
Invitada especial pra abrir este domingo: Ariana Barrabés (Evoéh).
Trala apertura o micro abrirase á libre participación das persoas asistentes.
JAM POÉTICA
Noite poética onde o público está convidado a xogar coa palabra para facer poesía ou compartir textos propios ou alleos.
Este mes a jam a abrirán Noelia Gómez e Rui Grenha co seu concerto poético -musical Xirando.
Trala apertura o micro abrirase á libre participación das persoas asistentes.
SOLOS QUE DANZAN:
Proposta de experimentación e improvisación entre tres persoas que poñen o corpo a escena e unha persoa que acompaña con sons/música. Auténtica simbiose e xogo onde o público se ve embolto!
- todos os domingos ás 20:30
06/11 Escucha, Lechuza, 5€ (con consumición)
13/11 Jam vocal, 5€ (con consumición)
20/11 Jam poética, 4€
27/11 Solos que danzan, 4€