Loading Events

« All Events

ESTREA Miña pequena

21 Novembro | 19:00 - 20:30

Free
Miña pequena é un espectaćulo de danzateatro para espazo non convencional que adapta o relato Manaus, de Constance Hurlé, gañador do 1º Premio de microrrelatos contra a violencia de xénero do Concello de Ribadavia no ano 2020. Neste explóranse, dende a poesía, a danza e o son, as conexións entre psique, corpo e violencia. O eixo é a narración dunha violación, cuxa lembranza quedará pechada nos recunchos da memoria da vítima.A actriz adéntranos nunha íntima confesión onde quedan expostas a crudeza do abuso e a fraxilidade do corpo aldraxado a través da metáfora e a dureza do relato directo, en segunda persoa, dirixido ao agresor.

A peza convida á reflexión sobre a cotidianeidade da violencia de xénero e o abuso sexual no ámbito íntimo da parella e como estas violencias deixan unha pegada no corpo, transformándoo e atravesándoo.

En escena vemos á intérprete Constance acompañada pola composición sonora en directo de Diana Longa.

Details

Date:
21 Novembro
Time:
19:00 - 20:30
Cost:
Free
Event Category:

Venue

MARCO, Vigo
Rúa do Príncipe, 54
Vigo, Pontevedra 36202 Spain
+ Google Map
View Venue Website