QUEN SOMOS

Hurlé prods.

PRODUCIÓN E DISTRIBUCIÓN DE PROXECTOS DE TEATRO, MÚSICA E PEQUENO FORMATO

Hurlé prods. nace para materializar e distribuir proxectos de artes escénicas e música, ao que chamamos artes vivas. Xorde como unha ferramenta paraugas cuxo eixo fundamental é a creación contemporánea galega cunha mirada cara afora, principalmente, outras comunidades autónomas cercanas e Portugal.

Abarca teatro e danza contemporánea, artes performativas e do movemento e teatro infantil. No plano musical céntrase no swing y o jazz, incluída a interpretación musical e o baile. Os espectáculos de pequeno formato engloban pezas de micro teatro ou micro teatrodanza, performance e poesía.

Actualmente, a nosa produción céntrase nas obras de artes escénicas e literatura viva da compañía Constance Hurlé, as obras de teatro infantil de O baúl da Tía Tola e as pezas de artes do movemento da artista María Llanderas. No plano musical, levamos Ghastas Pista swing project.

Constance, a alma do proxecto

Hiperactiva sen remedio, adícase á expresión das emocións e á crítica social a través da literatura e as artes escénicas. Para materializar as súas ideas, funda a compañía de artes vivas Constance Hurlé, que virá seguida do nacemento de Hurlé prods., pequena empresa das industrias culturais que non se centra só no traballo da artista, se non que extende as súas ramas para axudar a outras artistas do seu entorno a levar a cabo os propios proxectos.

O seu traballo como creadora, pero tamén como produtora, procura sempre ter un punto de vista crítico, con perspectiva de xénero e conciencia social e medioambiental, intentando que os seus proxectos aporten algo á sociedade, pois pensa que esta é unha das principais responsabilidades dos axentes culturais.

Performer, poeta, bailarina de jazz, directora e dramaturga de artes escénicas, adica todas as súas enerxías á dinamización cultural en Galicia, a través da produción e da distribución, pero tamén a través da organización de eventos e participación activa dentro de diversas iniciativas e festivais de distintas disciplinas, como, por exemplo, as Slam Poetry ou a organización de jams poéticas en Vigo. Organiza, en colaboración con Isolda Comesaña e A Morada Coop. as sesións de experimentación escénica Microescena Lab. Está, ademáis, fortemente implicada coa escena swing galega.

COLABORADORES

Hurlé prods. traballa coa colaboración dun conxunto de profesionais de diversas áreas, cubrindo así as necesidades dos distintos proxectos da man de persoas de confianza e alto coñecemento de cada sector.

Sol Álvarez

Realización audiovisual

Diego Alonso

Asesoramento musical

Isolda Comesaña

Co-organizadora de Microescena Lab

Marta Pastoriza – Lingua Trabada

Copywriting

Diana Longa

Axudante de produción

Marta Villar Cruces

Deseño gráfico e web

Sol Álvarez

Realización audiovisual

Diego Alonso

Asesoramento musical

Isolda Comesaña

Co-organizadora de Microescena Lab