O último domingo de cada mes, na Sala Kominsky poderedes asistir a unha jam poética na cal hai unha apertura a mans dalgún artista convidado, seguida dun micro aberto onde os asistentes poderán subir ao escenario a ler os seus textos, improvisar ou divertirse a través da palabra. Estas jams están dinamizadas pola artista local Constance Hurlé que, nesta ocasión, convidará ao poeta de Cariño, Paulo Maestro, e xuntos presentarán o seu espectáculo de poesía escénica «Volátil».