Estrazalonia

Estrazalonia é unha obra teatral que pretende o estímulo dos sentidos viaxando a través das emocións, as sensacións, a sorpresa e a ilusión.

A Estrazalonia chegan Tilín e Tilón, cada unha co seu son, e atoparán un mundo de papel, onde todo é o que cada quen quere que sexa.

Neste mundo os cativos descubrirán novas texturas, novos sons, a maxia das transformacións e o poder da imaxinación.

En Estrazalonia xurdiron dúas grandes montañas fantásticas nas que habitan seres moi curiosos que nos levarán a imaxinar mundos infinitos.

Un espectáculo pensado e creado para nenos e nenas dende 1 a 5 anos, e para o disfrute de todos os públicos en xeral.

Creación e dirección - Soraya Paradela, Anna Camadillas e Xoana Baz

Actrices - Soraya Paradela e Anna Camadillas

Escenografías - Daniel González, Anna Cañadillas e Soraya Paradela

Gravación e montaxe de video - Xacobo Sanmartín e Marcos Mosquera

Duración - Aprox. 30 min.

Público ao que vai dirixido - Infantil (de 1 a 5 anos)