Fiadora de soños – Teatro infantil

Unha inventora gruñona e unha rapaza chea de vida coñécense grazas a unha máquina moi especial chamada Fiadora de soños. Esta máquina fabrica cintas para soñar bonito.

Xuntas forxan unha curiosa e bonita relación de amizade…

…Pero cando a rapaza descobre que a cinta funciona tamén cando está esperta… todo cambia.

Unha historia divertida e emotiva sobre a amizade, a imaxinación e o perigo de perderse nos soños se esquecemos vivir. Unha metáfora sobre o uso e abuso das pantallas, contada con humor, poesía e moita artesanía escénica.

Un espectáculo de teatro familiar creado dende o cariño, con escenografía feita a man, moito mimo nos detalles e un fondo que dá que pensar sen dicir que facer.

 

DURACIÓN

50 min

XÉNERO

Teatro familiar, humor e danza

IDADE RECOMENDADA

+ 5 anos

Actrices e creadoras -
Anna Cañadillas
Soraya Paradela

Direción - Manuel Polo Dirección

Coreográfica - Olga Cameselle

Deseño de Luces - Javier Quintana

Deseño de sonido - Carlos Castro

Vestiario - La Canalla

Escenografía - Dani González

Deseño gráfico e vídeo - Marcos Mosquera

Asesora escénica - Xoana Baz

Distribución - Hurlé prods.