Ghastas Pista swing project é un proxecto de swing dirixido pola bailarina Constance Hurlé, procurando o diálogo constante entre a música e o baile.
O proxecto conta cunha banda de jazz, chamada Ghastas Pista swing band, cuxos concertos van introducidos por unha aula aberta de lindy hop. Durante a actuación da banda, as profesoras bailarán para o público asistente.
Ghastas Pista nace cos valores da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e o cuestionamento dos tradicionais roles de xénero, tanto na música coma no baile. É por iso que a sección rítmica da banda está constituida por dúas mulleres. As dúas bailarinas son mulleres, cuestionando o tradicional home-leader, muller- follower que acostuma imperar nos bailes sociais e de salón.