Microescena Lab é un espazo para a experimentación escénica onde poder ser testemuña do proceso creativo de distintas propostas de artes vivas. O público asistirá a un itinerario artístico dividido en dous equipos cos que transitará a través das catro pezas breves que ocuparán os distintos espazos que ofrece a propia arquitectura da Morada, onde todo é susceptíbel de convertirse en escenario. Unha experiencia de creatividade e aprendizaxe, onde a comunicación entre público e creadoras acontece a través do non convencional, do ensaio e erro, da exploración. As propostas presentadas neste laborario son pezas en proceso, ideas novas que aínda non foron levadas á escena, improvisacións ou interaccións ad hoc co espazo a modo de site specific. Non se trata dunha programación profesional de microteatro como a que podemos atopar noutros espazos da cidade, se non que se trata dun laboratorio de experimentación onde profesionais e persoas en período formativo das artes vivas fan partícipes ao público de diferentes fases do proceso creativo que conleva un proxecto escénico antes da súa estrea.