Miña pequena

Sinopse

Miña pequena trátase dun monólogo de micro teatro, de carácter dramático, onde a actriz comparte unha testemuña dunha agresión sexual empregando as ferramentas do corpo, a palabra e a proxección audiovisual.

A actriz adéntranos nunha íntima confesión onde quedan ao desnudo a crudeza do abuso e a fraxilidade do corpo aldraxado a través da metáfora da imaxe e a dureza do relato directo, en segunda persoa, dirixido ao agresor.

 

Descrición do proxecto

Esta peza é un acto reivindicativo e de denuncia a través da poesía e a imaxe audiovisual para empregar a expresión artística como caterse e vehículo de reflexión social. Recolle unha testemuña real a través da cal mostramos o sofremento e a angustia que supón ser víctima dunha violación dentro do entorno da propia parella.

O primeiro paso para defender ás víctimas de violencia de xénero é darlle voz ás súas historias, e, que mellor ferramenta que a performance, coa súa linguaxe híbrida e contemporánea para facernos escoitar?

Sol e Constance traballan xuntas no encontro entre imaxe e palabra, aportando cada unha parte do seu imaxinario propio, pero sempre cunha búsqueda da estética coherente e cun motor común: a necesidade de empregar a arte como ferramenta para o cambio. Neste caso, a idea nace a raíz do texto de Constance Hurlé, premiado no concurso de relatos contra a violencia de xénero (Ribadavia, 2020).

Texto e interpretación - Constance Hurlé

Vídeo creación - Sol Álvarez

Música - WIZ trio

Duración - 12 minutos