Penélope ás veces é home, ás veces é muller; ás veces é illa, ás veces é áncora. Penélope tece e destece os seus vínculos, ocúltase tras un tear que nega e anhela a chegada de Odiseo. Penélope lembra a infancia e fala de afecto, fala de perda, fala de medo, fala de trauma.
Penélope é unha peza de danzateatro contemporáneo que busca un achegamento escénico á teoría psicolóxica do apego. Xorde da necesidade, cada vez máis presente na nosa sociedade, de comprender a conformación e desenvolvemento dos vínculos afectivos que establecen os seres humanos para a supervivencia. Duración 75 minutos Acceder ao Kit de prensa