Sinopse
Unha reflexión sobre a violencia estética que sofre a muller occidental contemporánea e as consecuencias psicoemocionais da mesma.
Virxinia, unha muller espida é unha peza asociativa de tipo posdramático na que traballamos coa linguaxe da danza contemporánea e da performance.
Nace a partir da pregunta de que implicacións psicosociais e estéticas ten, na nosa sociedade occidental contemporánea, responder ao substantivo muller e como estas afectan á nosa vida cotiá, ás nosas maneiras de expresarnos, comportarnos e concibirnos.
Pretendemos, polo tanto, achegarnos ás connotacións asociadas tradicionalmente ao feminino e realizar unha análise da violencia estética exercida sobre o corpo das mulleres e a súa identidade.
As temáticas principais resaltadas pola dramaturxia son:
- O tratamento do corpo da muller como obxecto de desexo, sexualizado e cosificado.
- O corpo feminino na moda e na publicidade.
- A presión social e o xuízo a través da mirada do outro e da mirada propia.
- O canon estético.