Vísceras Poéticas é unha peza de formato curto onde a poesía válese da linguaxe do corpo para desenvolver unha performance onde se cuestiona a auto percepción do individuo “muller” reconstruida dende e por causa do ollo externo. Unha loita do interno cara fora, un diálogo de deconstrucción, destrucción, aceptación e rebeldía. Un intento de aceptar a pregunta sen resposta “Que é e como é “muller”? Os referentes son a flash mob da artista Yolanda Domínguez que propón a unha serie de mulleres ficar paradas no medio da rúa con posturas sacadas das revistas de moda, o colectivo W.I.T.C.H. e a propia realidade e vivencias persoais da intérprete, autora da meirande parte dos textos.
Xógase coa plástica, a música, o body painting e a metáfora para trazar unha crítica do feminino dende o punto de vista da sociedade occidental e do que a sociedade e a famlia esperan dunha “boa muller”.